quinta-feira, 14 de novembro de 2013

25 ANIVERSARIO d’A PIPA 1988-2013 XXII Certame Literario “A PIPA” 2013 da Alta Montaña Luguesa. Bases.

25 ANIVERSARIO d’A PIPA 1988-2013
XXII Certame Literario “A PIPA” 2013 da Alta Montaña Luguesa.
Bases.
  1. Temática.
O tema é libre.

2.    Modalidades.
2. A.- POESÍA (máximo 50 versos). CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos). CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos). CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
2. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breve (máximo 5 folios por unha soa cara). CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos). CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos). CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
2. C.- DRAMATURXIA BREVE. Maiores de 18 anos.

3.    Os premios.
Para cadansúa MODALIDADE e categoría establécense 1º e 2º Premio, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural A PIPA DE BECERREÁ non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.

4.    Cerimonia de Entrega de Premios.
A Entrega de Premios de POESÍA, RELATO, NARRACIÓN E CONTO terá lugar o venres 27 de decembro de 2013 ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, no marco da XXII NOITE POÉTICA CON HELENA VILLAR JANEIRO.
A Entrega de Premios de DRAMATURXIA BREVE terá lugar o sábado 28 de decembro de 2013 ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, coincidindo cun acto arredor de ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O XOGO DO TEATRO (Editorial Laiovento).
(Os galardóns deberán ser recollidos durante estas dúas xornadas de entrega ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá.)

5.    Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos inéditos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a MODALIDADE e CATEGORÍA na que participan, e achegando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número de teléfono do/a autor/a, xunto a unha fotocopia do DNI.
5. C.- O prazo de admisión rematará o LUNS 16 DE DECEMBRO de 2013.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos ó seguinte enderezo: Certame Literario A PIPA. Rúa Ancares, 57. – 27640 Becerreá (Lugo).

6.    O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural A PIPA de Becerreá, que tamén poderá convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación, no blog www.apipadebecerrea.blogspot.com (ao que tamén se pode acceder a través da web www.apipadebecerrea.com) ou na páxina de Facebook A PIPA DE BECERREÁ, e tamén se transmitirá persoalmente ós/ás gañadores/as.


quinta-feira, 27 de dezembro de 2012

Acta Premios Xurado do XXI CERTAME LITERARIO A PIPA 2012 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA


21 CERTAME LITERARIO “A PIPA” 2012 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA.
ACTA DO XURADO.
            En Becerreá, a luns 24 de decembro de 2012, reúnese o Xurado do 21 Certame Literario “A PIPA” 2012 da Alta Montaña Luguesa, composto por Afonso Becerra Arrojo, actuando como presidente do Xurado, por decisión unánime do resto dos compoñentes, do que forman parte Marta Rodríguez López e Rafael Ramos Fernández, en representación da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil Cultural “A PIPA” (CIF. G-27181825).
Recibíronse traballos en sobres con indicación xeográfica ou mataselos, entre outros, de Becerreá, San Román de Cervantes, Ribadeo, Lugo, A Coruña, Betanzos, Santiago de Compostela, Ourense, Madrid, e Tapia de Casariego (Asturias).
Logo de facer lectura dos 61 traballos recibidos e conforme ás bases establecidas deste Certame, acorda concede-los seguintes premios:

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos) e na modalidade de RELATO:

-        3º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 2012, para o texto titulado “Cando voan as anduriñas”, escrito por Gael María Núñez Vázquez, de As Nogais (Lugo).

-        2º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 2012, para o texto titulado “A princesa Zoela”, escrito por Celia Pardo Calderón, de Becerreá (Lugo).

-        1º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 2012, para o texto titulado “O trasgo do castro”, escrito por Martín Núñez Vázquez, de As Nogais (Lugo).

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos) e na modalidade de POESÍA:

-        3º PREMIO INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 2012, para o texto titulado “A folla que quería viaxar”, escrito por Iria Correal Pérez, de Lugo.

-        2º PREMIO INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 2012, para o texto titulado “O inverno”, escrito por Iván Pérez Digón, de Vilanova de Cervantes (Lugo).

-        1º PREMIO INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 2012, para o texto titulado “Medo”, escrito por Sabela Díaz Carracedo, de Lugo.

Na Categoría Xuvenil (dos 14 ós 18 anos):

-        2º PREMIO XUVENIL DE RELATO “A PIPA” 2012, para o texto titulado “O 12/12/12”, escrito por Cristofer Gutiérrez Amigo, de Noceda, Cervantes (Lugo).

-        1º PREMIO XUVENIL DE RELATO “A PIPA” 2012, para o texto titulado “A bala de prata”, escrito por Adrián Rodríguez Pardo, de A Aucella, Cervantes (Lugo).

O Xurado deste Certame decidiu deixar desertos o 3º Premio Xuvenil de Relato, así como os da modalidade de Poesía Xuvenil.

Na Categoría Revista “A PIPA” para Maiores de 18 anos, na modalidade de RELATO:

-        3º PREMIO Revista “A PIPA” 2012 DE RELATO, para o texto titulado: “A xustiza da memoria”, escrito por Farruco Graña, de Ribadeo (Lugo).

-        2º PREMIO Revista “A PIPA” 2012 DE RELATO, para o texto titulado: “Crepúsculo”, escrito por Xulio Romero Suárez, de Arteixo (A Coruña).

-        1º PREMIO Revista “A PIPA” 2012 DE RELATO, para o texto titulado: “Universo Artur”, escrito por Beatriz López Dorado, de Lugo.

Na Categoría Revista “A PIPA” para Maiores de 18 anos, na modalidade de POESÍA:

-        Accésit Revista “A PIPA” 2012 DE POESÍA, para o texto titulado “Dúas soidades”, escrito por Ana García Diéguez, de Ourense.

-        Accésit Revista “A PIPA” 2012 DE POESÍA, para o texto titulado “Consciencia”, escrito por Alba Domínguez Blanco, de Ourense.

O Xurado deste Certame decidiu deixar desertos os premios desta modalidade Revista “A PIPA” DE POESÍA.

O Xurado acorda que os galardóns deberán ser recollidos durante o acto de entrega que máis abaixo se sinala, ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Xuvenil Cultural “A Pipa” de Becerreá.
Os premios desta 21 Edición do Certame Literario “A PIPA” 2012 da Alta Montaña Luguesa, no que colabora a Xefatura Provincial de Cultura da Xunta de Galicia, a Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Becerreá, serán entregados polo escritor XESÚS BERMÚDEZ TELLADO mailos representantes das institucións colaboradoras, nunha Cerimonia que se celebrará na Casa da Cultura de Becerreá, o xoves 27 de decembro de 2012, ás 21 horas. A continuación da cal terá lugar a XXI Noite Poética.
Afonso Becerra Arrojo
Presidente do Xurado. En Becerreá, a 24 de decembro de 2012.

domingo, 11 de novembro de 2012

CONVOCATORIA 2012 XXI CERTAME LITERARIO A PIPA DA ALTA MONTAÑA LUGUESA


XXI Certame Literario “A PIPA” 2012 da Alta Montaña Luguesa.
Bases.
  1. Temática.
O tema é libre.

2.    Tres categorías.
2. A.- CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos)
2. B.- CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos)
2. C.- CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.

3.    Dúas modalidades.
3. A.- POESÍA (máximo 50 versos)
3. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breves (máximo 5 folios por unha soa cara)

4.    Os premios.
Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º Premio de Poesía, e tamén 1º e 2º Premio de Relato, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural “A PIPA” non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.
Cerimonia de Entrega de Premios.
A Cerimonia de Entrega de Premios terá lugar o xoves 27 de decembro de 2012, ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, no marco da XXI NOITE POÉTICA “A PIPA” 2012 CON XESÚS BERMÚDEZ TELLADO.
(Os galardóns deberán ser recollidos durante este acto de entrega ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Xuvenil Cultural “A Pipa” de Becerreá.)

5.    Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a CATEGORÍA e MODALIDADE na que participan, e achegando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número de teléfono do/a autor/a, xunto a unha fotocopia do DNI.
5. C.- O prazo de admisión rematará o venres 22 de decembro de 2012.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos ó seguinte enderezo: Certame Literario “A PIPA”. Rúa Ancares, 57. – 27640 Becerreá (Lugo).

6.    O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá, que tamén poderá convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación, no blog www.apipadebecerrea.blogspot.com (ao que tamén se pode acceder a través da web www.apipadebecerrea.com), ou na páxina de Facebook e tamén se transmitirá persoalmente aos/ás gañadores/as.

segunda-feira, 21 de novembro de 2011

XX Certame Literario A Pipa 2011

XX CERTAME LITERARIO A PIPA 2011 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA
O prazo de admisión de traballos remata o 22 de decembro de 2011.
Modalidades:
POESÍA (máximo 50 versos)
RELATO, CONTO, NARRACIÓN (máximo 5 folios DIN A4 por unha soa cara, letra Times New Roman tamaño 12, dobre espazo entre as liñas, marxes entre 2 e 3 cm.)
Categorías:
INFATIL (dos 8 aos 14 anos)
XUVENIL (dos 14 aos 18 anos)
REVISTA A PIPA PARA MAIORES DE 18 ANOS
Premios:
1º e 2º Premio para cadansúa categoría e modalidade. Escultura de cerámica de Sargadelos con placa e lote de libros.
O fallo do Xurado darase a coñecer a través dos medios de comunicación e a través de chamada telefónica ás/aos galardoados/as antes da Cerimonia de Entrega de Premios.
As/os galardoadas/os están invitadas/os a recoller o premio na Cerimonia de Entrega de Premios que terá lugar na Casa da Cultura de Becerreá o mércores 28 de decembro de 2011 ás 21 h.
(De non poder acudir ese día persoalmente, poden envíar a alguén para que recolla o premio no seu nome ou dispoñen dun prazo para recollelo que remata o 22 de decembro de 2012, data a partir da cal o premio queda en poder da A.X.C. A Pipa)
Presentación de traballos:
Os traballos deben estar en LINGUA GALEGA e deben enviarse ou ser entregados de xeito anónimo facendo constar somente a categoría e modalidade á que pertencen. Os traballos deberán ir acompañados dun sobre pechado dentro do cal vaia unha copia do DNI. da/o autor/a así como o seus enderezos postal e electrónico ademais do número de teléfono.

sábado, 5 de fevereiro de 2011

XIX NOITE POÉTICA A PIPA 10 con BRANCA NOVONEYRA

Branca Novoneyra, bailarina e poeta homenaxeada na XIX Noite Poética A Pipa 2010 de Becerreá.

Na presentación do seu recital, Branca, recupera as palabras coas que dezaseis anos antes Uxío Novoneyra iniciara a I Noite Poética A Pipa 1996.

Branca Novoneyra presenta os poemas do seu libro Dentro do labirinto
Branca le "Viaxe" do libro Poemas da doada certeza de Uxío Novoneyra, en lembranza a seu pai, que inaugurou as Noites Poética da Asociación A Pipa en 1996.

Afonso Becerra e Marta de Sinllán na conversa con Branca Novoneyra sobre a súa poesía e o seu traballo danzístico e coreográfico.


A Asociación Cultural A Pipa de Becerreá, en nome do pobo, agasalla a Branca Novoneyra cun dos símbolos desta zona, unha vaca, en cerámica de Sargadelos.


quinta-feira, 3 de fevereiro de 2011

Cóctel e brinde da XIX Noite Poética con Branca Novoneyra

Rafa Ramos, Iria Pinheiro, Branca Novoneyra, Afonso Becerra, Marta de Sinllán e un amigo de A Pipa.


Rafa Ramos e Iria Pinheiro.

Iria Pinheiro, Branca Novoneyra e Afonso Becerra

Carlos Rubiero, Begoña Terrado, Alicia Chao e Alberto Becerra.
Chus, Amparo Becerra e Roi.
Alfonso Becerra, Antón Bao e dúas amigas de A Pipa.
Fernanda Follana, Hugo...




segunda-feira, 17 de janeiro de 2011

Premios XIX CERTAME LITERARIO A PIPA 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

Premios XIX CERTAME LITERARIO A PIPA 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA
Casa da Cultura de Becerreá, 26 de decembro de 2010

Entregan os galardóns: Claudio Vázquez (Concelleiro de Cultura de Becerreá), Antón Bao (Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo) e Branca Novoneyra (bailarina e poeta). Presentan: Rafa Ramos e Alicia Chao Penela.

Rafa Ramos e Alicia Chao Penala (Xunta Directiva de A Pipa)

1º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE POESÍA, para o texto titulado “O que din os silencios”, escrito por Rocío Leira Castro, de Pereira, Cée (A Coruña).

1º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “A fábrica de iogures”, escrito por Beatriz López Dorado, de Lugo.

1º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “A banda dos cazamisterios”, escrito por Carlos Tacón García, de Pacios (Santa María), Baralla (Lugo).

2º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE POESÍA, para o texto titulado “Aceptación”, escrito por Natalia Alonso Ramos, de Foz (Lugo).

2º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “O libreiro da rúa Gran Teatro”, escrito por María Xosé Ónega Folgueira, de Gueimonde, A Pastoriza (Lugo).

2º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “Óscar aprende a importancia das tradicións galegas”, escrito por Celtia García Crespo, de Sigüeiro, Oroso, (A Coruña). Recolle o Premio o pai de Celtia.

3º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “As historias de Mariña”, escrito por Gael María Núñez Vázquez, de As Nogais (Lugo).