25 ANIVERSARIO d’A PIPA 1988-2013
XXII
Certame Literario “A PIPA” 2013 da Alta Montaña Luguesa.
Bases.
- Temática.
O tema é libre.
2. Modalidades.
2. A.- POESÍA
(máximo 50 versos). CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos). CATEGORÍA XUVENIL
(Dos 14 ós 18 anos). CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
2. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breve
(máximo 5 folios por unha soa cara). CATEGORÍA INFANTIL
(Dos 8 ós 14 anos). CATEGORÍA
XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos). CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de
18 anos.
2. C.- DRAMATURXIA BREVE. Maiores de 18 anos.
3. Os premios.
Para cadansúa MODALIDADE e categoría
establécense 1º e 2º Premio, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio
consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote
de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural A PIPA
DE BECERREÁ non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun
futuro.
4. Cerimonia
de Entrega de Premios.
A Entrega de Premios de POESÍA, RELATO, NARRACIÓN
E CONTO terá lugar o venres 27 de
decembro de 2013 ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, no marco da XXII NOITE POÉTICA CON HELENA VILLAR
JANEIRO.
A Entrega de Premios de DRAMATURXIA BREVE
terá lugar o sábado 28 de decembro de
2013 ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, coincidindo cun acto arredor
de ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O XOGO DO
TEATRO (Editorial Laiovento).
(Os
galardóns deberán ser recollidos durante estas dúas xornadas de entrega ou nun
prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición
seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada
pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá.)
5. Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un
ou máis traballos inéditos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os
traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a MODALIDADE e CATEGORÍA na
que participan, e achegando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número
de teléfono do/a autor/a, xunto a unha fotocopia do DNI.
5. C.- O prazo de admisión rematará o LUNS 16 DE
DECEMBRO de 2013.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos
ó seguinte enderezo: Certame Literario A PIPA. Rúa Ancares, 57. – 27640
Becerreá (Lugo).
6. O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta Directiva
da Asociación Cultural A PIPA de Becerreá, que tamén poderá convidar a algún
profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O fallo
farase público a través dos medios de comunicación, no blog www.apipadebecerrea.blogspot.com
(ao que tamén se pode acceder a través da web www.apipadebecerrea.com) ou na páxina
de Facebook A PIPA DE BECERREÁ, e tamén se transmitirá persoalmente ós/ás
gañadores/as.
Nenhum comentário:
Postar um comentário