XXIV
Certame Literario “A PIPA” 2015 da Alta Montaña Luguesa.
Dramaturxia
breve. Poesía. Relato curto
Bases
A Asociación Cultural A Pipa de Becerreá (CIF. G27441708) en
colaboración coa RGT (Revista Galega de Teatro. ISSN1888-2412)
convoca o XXIV Certame Literario A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, nas modalidades
de Dramaturxia breve, Poesía e Relato curto.
- Temática.
O tema é libre.
2. Modalidades.
2.A.- DRAMATURXIA BREVE (máximo 10 páxinas.
Formato documento Word ou Pdf.). Maiores de 18 anos.
2.B.- POESÍA
(máximo 50 versos. Formato documento Word ou Pdf.).
CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos).
CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos).
CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
2.C.- RELATO CURTO
(máximo 5 páxinas por unha soa cara. Letra Times New Roman 12. Dobre espazo
entre as liñas do texto. Formato documento Word ou Pdf.).
CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos).
CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos).
CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
3. Os premios.
Para cadansúa MODALIDADE e categoría establécense 1º e 2º
PREMIOS, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste
nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de
libros, e a correspondente acta ou título acreditativo.
A Asociación
Cultural A PIPA DE BECERREÁ non descarta que os traballos premiados poidan ser
publicados en formato dixital e/ou en soporte de papel, a través dos medios dos
que dispón.
Na modalidade de DRAMATURXIA BREVE, ademais da estatuíña
de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e a
correspondente acta ou título acreditativo, o premio tamén inclúe a publicación
das pezas galardoadas na RGT (Revista
Galega de Teatro. ISSN 1888-2412)
4. Cerimonia
de Entrega de Premios.
A Entrega de Premios terá lugar o domingo 27 de decembro de 2015 ás 19 h. na
Casa de Cultura de Becerreá.
(A Asociación
Cultural A Pipa de Becerreá non se compromete a envíar os galardóns ás persoas
premiadas. Os
galardóns deberán ser recollidos polas persoas premiadas, ou por outras nas que
deleguen, no acto de entrega de premios do domingo 27 de decembro ás 19 h. ou
nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición
seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada
pasará a formar parte dos fondos da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá.)
5. Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un só traballo en
LINGUA GALEGA, inédito, por cada MODALIDADE (POESÍA, UN RELATO BREVE, UNHA
DRAMATURXIA BREVE), axustándose á extensión e formato que se indican no
apartado 2 destas bases.
5. B.- Os traballos deben ser enviados por correo
electrónico, no que se acheguen dous documentos en formato Word ou Pdf.:
Un documento co
POEMA, o RELATO ou/e unha DRAMATURXIA BREVE anónimos. O título do devandito
documento debe ser o mesmo que o do traballo que se presenta a concurso, por
exemplo:
DRAMATURXIA. O
INCERTO SEÑOR DON HAMLET
POESÍA ADULTOS /
XUVENIL / INFANTIL. FOLLAS NOVAS
RELATO ADULTOS /
XUVENIL / INFANTIL. Á LUS DO CANDIL
Noutro documento
deberán aparecer, xunto ao título do POEMA, RELATO ou/e DRAMATURXIA BREVE, os
datos da/o autor/a (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo postal,
teléfono de contacto. Tamén se pode incluír un breve currículo), indicando,
ademais, a(s) MODALIDADE(S) e CATEGORÍA na que participan. Este segundo
documento debe levar o mesmo título do traballo que se presenta a concurso máis
a palabra “datos”. Por exemplo:
DRAMATURXIA. O
INCERTO SEÑOR DON HAMLET. DATOS
POESÍA ADULTOS /
XUVENIL / INFANTIL. FOLLAS NOVAS. DATOS
RELATO ADULTOS /
XUVENIL / INFANTIL. Á LUS DO CANDIL. DATOS
5. C.- O prazo de admisión de correos
electrónicos rematará o MARTES 15 DE DECEMBRO de 2015 ás 24 h.
5. D.- Os traballos deben enviarse ao enderezo
electrónico:
certameapipa@gmail.com
6. O Xurado. O Fallo.
Nas MODALIDADES DE POESÍA E RELATO BREVE, o Xurado estará
composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural A PIPA de Becerreá, que
tamén poderá convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e
das Artes.
Na MODALIDADE DE DRAMATURXIA BREVE, o Xurado estará
composto por membros do Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro. ISSN 1888-2412).
A Asociación Cultural A Pipa de Becerreá (CIF. G27441708)
emitirá unha acta coa resolución do Xurado.
O fallo farase
público a través dos medios de comunicación, no blog https://www.apipadebecerrea.blogspot.com,
na páxina de Facebook https://www.facebook.com/apipa.debecerrea, e tamén se
transmitirá persoalmente ás persoas premiadas a través do correo electrónico e
de chamada telefónica.