quinta-feira, 14 de novembro de 2013

25 ANIVERSARIO d’A PIPA 1988-2013 XXII Certame Literario “A PIPA” 2013 da Alta Montaña Luguesa. Bases.

25 ANIVERSARIO d’A PIPA 1988-2013
XXII Certame Literario “A PIPA” 2013 da Alta Montaña Luguesa.
Bases.
  1. Temática.
O tema é libre.

2.    Modalidades.
2. A.- POESÍA (máximo 50 versos). CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos). CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos). CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
2. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breve (máximo 5 folios por unha soa cara). CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos). CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos). CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
2. C.- DRAMATURXIA BREVE. Maiores de 18 anos.

3.    Os premios.
Para cadansúa MODALIDADE e categoría establécense 1º e 2º Premio, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural A PIPA DE BECERREÁ non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.

4.    Cerimonia de Entrega de Premios.
A Entrega de Premios de POESÍA, RELATO, NARRACIÓN E CONTO terá lugar o venres 27 de decembro de 2013 ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, no marco da XXII NOITE POÉTICA CON HELENA VILLAR JANEIRO.
A Entrega de Premios de DRAMATURXIA BREVE terá lugar o sábado 28 de decembro de 2013 ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, coincidindo cun acto arredor de ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O XOGO DO TEATRO (Editorial Laiovento).
(Os galardóns deberán ser recollidos durante estas dúas xornadas de entrega ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá.)

5.    Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos inéditos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a MODALIDADE e CATEGORÍA na que participan, e achegando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número de teléfono do/a autor/a, xunto a unha fotocopia do DNI.
5. C.- O prazo de admisión rematará o LUNS 16 DE DECEMBRO de 2013.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos ó seguinte enderezo: Certame Literario A PIPA. Rúa Ancares, 57. – 27640 Becerreá (Lugo).

6.    O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural A PIPA de Becerreá, que tamén poderá convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación, no blog www.apipadebecerrea.blogspot.com (ao que tamén se pode acceder a través da web www.apipadebecerrea.com) ou na páxina de Facebook A PIPA DE BECERREÁ, e tamén se transmitirá persoalmente ós/ás gañadores/as.