XXI
Certame Literario “A PIPA” 2012 da Alta Montaña Luguesa.
Bases.
- Temática.
O tema é libre.
2. Tres categorías.
2. A.- CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos)
2. B.-
CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos)
2. C.-
CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
3. Dúas modalidades.
3. A.- POESÍA (máximo 50 versos)
3. B.-
RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breves (máximo 5 folios por unha soa cara)
4. Os premios.
Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º
Premio de Poesía, e tamén 1º e 2º Premio de Relato, mailos ACCÉSITS que o
Xurado considere necesarios.
Cada premio
consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote
de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural “A
PIPA” non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.
Cerimonia de Entrega de Premios.
A Cerimonia
de Entrega de Premios terá lugar o xoves
27 de decembro de 2012, ás 21 h. na Casa de Cultura de Becerreá, no marco
da XXI NOITE POÉTICA “A PIPA” 2012 CON
XESÚS BERMÚDEZ TELLADO.
(Os
galardóns deberán ser recollidos durante este acto de entrega ou nun prazo
máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte
deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a
formar parte dos fondos da Asociación Xuvenil Cultural “A Pipa” de Becerreá.)
5. Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un
ou máis traballos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os
traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a CATEGORÍA e MODALIDADE na
que participan, e achegando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número
de teléfono do/a autor/a, xunto a unha fotocopia do DNI.
5. C.- O prazo de admisión rematará o venres 22
de decembro de 2012.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos
ó seguinte enderezo: Certame Literario “A PIPA”. Rúa Ancares, 57. – 27640
Becerreá (Lugo).
6. O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta
Directiva da Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá, que tamén poderá
convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O fallo
farase público a través dos medios de comunicación, no blog www.apipadebecerrea.blogspot.com
(ao que tamén se pode acceder a través da web www.apipadebecerrea.com), ou na
páxina de Facebook e tamén se transmitirá persoalmente aos/ás gañadores/as.
Que grande ledicia neste día dos Martiños: "os trompos, pións, ou buxainas ao camiño", saber que os recortes culturais non traban unha das manifestacións culturais do ano e nadal becerrense: o xa 21º Certame Literario da Alta Montaña Luguesa.
ResponderExcluirA PIPA, coido que atina una anos máis apostando por un autor novel e de fonda raigame vital en Bcrreá, e por riba tan querido: Suso B. Tellado. Toda unha honra!!!
De seguro que será unha noite "sen cancelas", onde todo pode acontecer. Estou desexando gozar da viaxe máis tenra dun tenro amigo, da "Viaxe sen Cancelas". RAFA RAMOS
Cando publicarán o fallo do XXI Certame Literario?
ResponderExcluir