segunda-feira, 17 de janeiro de 2011

Accésits XIX CERTAME LITERARIO A PIPA 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

Accésits do XIX CERTAME LITERARIO A PIPA 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA
Casa da Cultura de Becerreá, 26 de decembro de 2010
Presentación: Alicia Chao Penela e Rafa Ramos.
Entregan os galardóns: Antón Bao (Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo)
Claudio Vázquez (Concelleiro de Cultura de Becerreá)
Branca Novoneyra (Bailarina e poeta)

ACCÉSIT Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “No velorio”, escrito por Xulio Romero Suárez, de Arteixo (A Coruña).

ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 10, para o texto titulado “O capitán deste navío son”, escrito por Carlos Tacón García, de Pacios (Santa María), Baralla (Lugo).

ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 10, para o texto titulado “O Nadal”, escrito por Pablo López Lolo, de Gundián, Baralla (Lugo).

ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “Pedro e o oso”, escrito por Adrián Rodríguez Pardo, de Aucella, Cervantes (Lugo).

ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “O engano de Carmiña”, escrito por Laura García Díaz, de Baralla (Lugo).

sexta-feira, 24 de dezembro de 2010

ACTA DO XURADO DO XIX CERTAME LITERARIO A PIPA 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

19 CERTAME LITERARIO “A PIPA” 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA.
ACTA DO XURADO.


En Becerreá, a xoves 23 de decembro de 2010, reúnese o Xurado do 19 Certame Literario “A PIPA” 10 da Alta Montaña Luguesa, composto por Afonso Becerra Arrojo, actuando como presidente do Xurado, por decisión unánime do resto dos compoñentes, do que forman parte Amparo Becerra Arrojo, Marta Rodríguez López e Rafael Ramos, en representación da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil Cultural “A PIPA” (CIF. G-27181825). Logo de facer lectura dos 120 traballos recibidos e conforme ás bases establecidas deste 18 Certame, acorda concede-los seguintes premios:

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos) e na modalidade de RELATO:

- ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “O engano de Carmiña”, escrito por Laura García Díaz, de Baralla (Lugo).

- ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “Pedro e o oso”, escrito por Adrián Rodríguez Pardo, de Aucella, Cervantes (Lugo).

- 3º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “As historias de Mariña”, escrito por Gael María Núñez Vázquez, de As Nogais (Lugo).

- 2º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “Óscar aprende a importancia das tradicións galegas”, escrito por Celtia García Crespo, de Sigüeiro, Oroso, (A Coruña).

- 1º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “A banda dos cazamisterios”, escrito por Carlos Tacón García, de Pacios (Santa María), Baralla (Lugo).

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos) e na modalidade de POESÍA:

- ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 10, para o texto titulado “O Nadal”, escrito por Pablo López Lolo, de Gundián, Baralla (Lugo).

- ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 10, para o texto titulado “O capitán deste navío son”, escrito por Carlos Tacón García, de Pacios (Santa María), Baralla (Lugo).

Na Categoría Xuvenil (dos 14 ós 18 anos) o Xurado deste Certame decidiu deixar desertos os premios.

Na Categoría Revista “A PIPA” para Maiores de 18 anos, na modalidade de RELATO:

- ACCÉSIT Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “No velorio”, escrito por Xulio Romero Suárez, de Arteixo (A Coruña).

- 2º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “O libreiro da rúa Gran Teatro”, escrito por María Xosé Ónega Folgueira, de Gueimonde, A Pastoriza (Lugo).

- 1º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “A fábrica de iogures”, escrito por Beatriz López Dorado, de Lugo.

Na Categoría Revista “A PIPA” para Maiores de 18 anos, na modalidade de POESÍA:

- 2º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE POESÍA, para o texto titulado “Aceptación”, escrito por Natalia Alonso Ramos, de Foz (Lugo).

- 1º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE POESÍA, para o texto titulado “O que din os silencios”, escrito por Rocío Leira Castro, de Pereira, Cée (A Coruña).

O Xurado acorda que os galardóns deberán ser recollidos durante o acto de entrega que máis abaixo se sinala, ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Xuvenil Cultural “A Pipa” de Becerreá.

Os premios desta 19 Edición do Certame Literario “A PIPA” 10 da Alta Montaña Luguesa, no que colabora o Servizo de Xuventude e a Xefatura Provincial de Cultura da Xunta de Galicia, a Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Becerreá, serán entregados pola bailarina e escritora BRANCA NOVONEYRA mailos representantes das institucións colaboradoras, nunha Cerimonia que se celebrará na Casa da Cultura de Becerreá, o domingo 26 de decembro de 2010, ás 19 horas. A continuación da cal terá lugar a XIX Noite Poética na que a autora homenaxeada será entrevistada por Marta de Sinllán e Afonso Becerra. A continuación proxectaranse varias pezas de videodanza de Branca Novoneyra. De seguido haberá un recital da propia autora. Ao final do acto tódolos asistentes están convidados a un cóctel e a un brinde.




Afonso Becerra Arrojo
Presidente do Xurado.
En Becerreá, a 23 de decembro de 2010.

domingo, 21 de novembro de 2010

CONVÓCASE XIX CERTAME LITERARIO A PIPA 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA




XIX Certame Literario “A PIPA” 10

da Alta Montaña Luguesa
Bases.

Temática.
O tema é libre.

2. Tres categorías.
2. A.- CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos)
2. B.- CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos)
2. C.- CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.

3. Dúas modalidades.
3. A.- POESÍA (máximo 50 versos)
3. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breves (máximo 5 folios)

4. Os premios.
Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º Premio de Poesía, e tamén 1º e 2º Premio de Relato, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural “A PIPA” non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.

5. Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a CATEGORÍA e MODALIDADE na que participan, e adxuntando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número de teléfono do/a autor/a.
5. C.- O prazo de admisión rematará o 23 de decembro de 2010.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos ó seguinte enderezo: Certame Literario “A PIPA”. Rúa Ancares, 57. – 27640 Becerreá (Lugo).

6. O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá, que tamén convidará a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación, e tamén se transmitirá persoalmente ós/ás gañadores/as.

7. A Cerimonia de Entrega de Premios.
A Cerimonia de Entrega de Premios terá lugar na Casa de Cultura de Becerreá, no marco da XIX NOITE POÉTICA “A PIPA” 10.

sábado, 15 de maio de 2010

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2010. UXÍO NOVONEYRA

17 de maio de 2010. DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Homenaxe a UXÍO NOVONEYRA







I NOITE POÉTICA "A PIPA" 1996 CON UXÍO NOVONEYRA
28 de decembro de 1996


domingo, 3 de janeiro de 2010

XVIII NOITE POÉTICA A PIPA 09 CON YOLANDA CASTAÑO





































XVIII NOITE POÉTICA A PIPA 09 CON YOLANDA CASTAÑO













Afonso Becerra de Becerreá, Yolanda Castaño e Marta de Sinllán.


Premios Categoría Revista A PIPA para maiores de 18 anos. XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

1º PREMIO Revista “A PIPA” 09 DE POESÍA, para o texto titulado “Axóuxeres de salitre”, escrito por Rocío Leira Castro, de Pereira, Cée, A Coruña. (Foto: Xesús Búa. Fonte: La Voz de Galicia.)


2º PREMIO Revista “A PIPA” 09 DE POESÍA, para o texto titulado “Ecoando buguinas en apertas apreixadas. (A xeito de liras en pentasílabos)”, escrito por Xosé Otero Canto, de Lugo. Entrégalle o premio o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao.


2º PREMIO Revista “A PIPA” 09 DE RELATO, para o texto titulado “O ballón de San Xoán”, escrito por Xosé Luís Vázquez Somoza, de Guntín, Lugo. Entrégalle o premio o Concelleiro de Cultura de Becerreá, Claudio Vázquez.



De esquerda a dereita: Claudio Vázquez (Concelleiro de Cultura de Becerreá), Antón Bao (Vicepresidente da Deputación de Lugo), Yolanda Castaño (escritora), Amparo Becerra (Xunta Directiva A.C. A Pipa), Rafa Ramos (Xunta Directiva A.C. A Pipa) e Alicia Chao (Presidenta do Xurado do XVIII Certame Literario A Pipa 09 da Alta Montaña Luguesa).


De esquerda a dereita: Amparo Becerra, Rafa Ramos e Alicia Chao (Xunta Directiva da A.C. A Pipa. Presentadores da Cerimonia de Entrega de Premios do XVIII Certame Literario A Pipa 09 da Alta Montaña Luguesa).





Premios POESÍA Categoría Infantil (dos 8 aos 14 anos) XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

1º PREMIO INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 09, para o texto titulado “Como atopar a moza correspondente”, escrito por Jesús José Rodríguez Cedrón, de Dumia, Cervantes. Entrégalle o premio a escritora Yolanda Castaño.


2º PREMIO INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 09, para o texto titulado “Fruttys”, escrito por María del Carmen Fontal Maciñeiras, de Pol, Baralla. Entrégalle o premio o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao.

Premios RELATO Categoría Infantil (dos 8 aos 14 anos) XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

1º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 09, para o texto titulado “Filomena, Filomena”, escrito por Ana Digón Caño, de San Pedro, Cervantes. Entrégalle o premio a escritora Yolanda Castaño.


2º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 09, para o texto titulado “Un home moi especial”, escrito por Adrián Rodríguez Pardo, de Aucella, Cervantes. Entrégalle o premio o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao.


Accésits POESÍA Categoría Infantil (dos 8 aos 14 anos) XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 09, para o texto titulado “Historia dun labrego”, escrito por Beatriz Rosón López, de Vilardemouros, Cervantes. Entrégalle o premio o Concelleiro de Cultura, Claudio Vázquez.


ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 09, para o texto titulado “A gaita galega”, escrito por Sandra Fernández García, de Sobrado de Picato, Baralla. Entrégalle o premio a escritora Yolanda Castaño.


ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 09, para o texto titulado “A lúa e o sol”, escrito por David Rubianes Núñez, de Penarrubia, Baralla. Entrégalle o premio o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao.


Accésits RELATO Categoría Infantil (dos 8 aos 14 anos) XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 09, para o texto titulado “O escondite secreto”, escrito por Carlota Yepes Pereira, de Becerreá. Entrégalle o premio o Concelleiro de Cultura de Becerreá, Claudio Vázquez.

ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 09, para o texto titulado “A pipa contacontos”, escrito por Sandra López López, de Vilachambre, Baralla. Entrégalle o premio a escritora Yolanda Castaño.

ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 09, para o texto titulado “O xardín das letras”, escrito por Ana María Aira Seijo, de Lugar de Celeiró, Pedrafita do Cebreiro. Entrégalle o premio o Concelleiro de Cultura de Becerreá, Claudio Vázquez.

ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 09, para o texto titulado “A nena con corazón de paxaro”, escrito por Tania López Rodríguez, de Vilarguite, Cervantes. Entrégalle o premio o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao.

ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 09, para o texto titulado “O gato preguizoso”, escrito por Miguel Ángel Alba Rodríguez, de Lugar de Santa Mariña, Cervantes. Entrégalle o premio a escritora Yolanda Castaño.



terça-feira, 15 de dezembro de 2009

27 de decembro de 2009 ás 19 h. na Casa da Cultura de Becerreá


Domingo, 27 de decembro ás 19 h. na Casa da Cultura de Becerreá:
Entrega de Premios do XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA. Presenta: Amparo Becerra e Rafa Ramos. Fan a entrega dos galardóns os representantes das institucións colaboradoras (Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e Concello de Becerreá)
Conversa coa escritora YOLANDA CASTAÑO, protagonista da XVIII NOITE POÉTICA A PIPA 09. Entrevista a cargo de Marta de Sinllán e Afonso Becerra de Becerreá.
Proxección de dúas pezas de VIDEOCREACIÓN de Yolanda Castaño.
Recital de textos na voz da autora.
Brinde e cóctel.
Esperámosvos!
(Entrada de balde)

Cartel XVIII Noite Poética A Pipa 09 con Yolanda Castaño




quarta-feira, 25 de novembro de 2009

XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA


XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA
CONVOCÁMOSVOS a participar con POEMAS (máximo 50 versos) e/ou RELATOS (máximo 5 folios por unha soa cara a dobre espazo).
A data límite de presentación remata o martes 22 de decembro de 2009.
Os escritos debedes envialos anónimos, sinalando a CATEGORÍA na que participades (INFANTIL: de 8 a 14 anos. XUVENIL: DE 14 A 18 anos. ADULTO: máis de 18 anos) e a MODALIDADE (POESÍA e/ou RELATO), acompañados dun sobre pechado dentro do cal vaian os datos da/o autor/a (nome e apelidos, currículum, enderezo e teléfono).
Isto debedes envialo ou entregalo en:
XVIII CERTAME LITERARIO A PIPA 09 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA
Rúa Ancares, 57.
27640 BECERREÁ (LUGO)
(Podedes consultar as bases xerais neste mesmo blog ou a través da nosa web: www.apipadebecerrea.com)

sexta-feira, 17 de julho de 2009

sábado, 30 de maio de 2009

MEMORIA, INFANCIA E TERRA. Por Afonso Becerra de Becerreá


"MEMORIA, INFANCIA E TERRA"

Por Afonso Becerra de Becerreá

Do libro HOMENAXE A NEIRA VILAS E A BALBINO O NENO LABREGO (Edicións Ismael González P.C., S.L. - ISBN: 978-84-612-9058-1)


A memoria somos nós, cadaquén coa súa propia e coa colectiva como suma e síntese. Sen memoria non hai identidade. Igual que sen raíces non hai árbore, sen infancia non hai persoa. O locus amoenus do verso de Rilke volve sempre: a patria do ser humano é a infancia!


Balbino, o neno de Neira Vilas, e María, a nena de Xohana Torres, son dous expoñentes do ser humano en potencia, da descuberta do mundo… da ilusión dos soños, e da aprendizaxe que se abre tralas primeiras feridas. O que nos queda de nenos ós adultos está en Balbino e en María, como arquetipos galegos e universais da nenez e da viaxe fóra dela.


Crecer é facerse preguntas a cotío, observalo todo, esculcar cada recuncho ata atoparlle a alma (a razón) as cousas. Aburar a curiosidade encirrada polos desacougos da vida. Recoñecer o dinamismo perpetuo da verdade. “Nós vimos ó mundo cunha alforxa de perguntas. As cousas éntrannos polos ollos, pola boca, polas orellas, e queremos adeprender o seu nome e siñificado”, anota Balbino no seu caderno. “Todos os días estase a refacer a verdade. Fai unha chea de tempo que non oio falar seriamente do “Ángel de la Guarda”, nin dos Reis Magos. E quen sabe cantas cousas máis que hoxe teño por certas irán cambeando en min. Voume alonxando do berce, coma quen dis”.
A mirada nova e limpa que se sorprende co que acontece ó seu redor, e o exercicio da escrita que a estrutura, fan do neno un pensador. A reflexión vólveo crítico e sabio, pero sobre todo humilde, porque é un neno con conciencia de clase, é un labrego, “un ninguén”. “- Balbino [díxolle Eladia, a mestra], ti eres o máis adiantado. Non collas fachenda por eso, pois todos iñoramos máis do que sabemos”. Pero ese neno labrego é “un ninguén” revolucionario, porque pensa, porque analiza a realidade e é capaz de proxectarse na loita humilde do cotiá. A pedrada ó señorito Manolito e o abandono do fogar submiso son índice dun novo camiño e do afastamento, alomenos mental, da clase escrava e resignada que está na base da sociedade galega.
Este neno é moi especial, cavila sobre todo o que acontece ó seu redor e sobre o que lle acontece a el mesmo. O pensamento deita unha distancia a respecto da vida, facéndolle crecer e profundar nos infindos misterios que agocha cada cousa. Neste senso, o neno pensador séntese un pouco só, illado do resto da xente, máis preocupada pola simple supervivencia. “Se poidese entender moitas cousas! Ou falar tansiquera delas; contarlle ós demáis as miñas cavilacións. Pero xa o teño feito e rínseme. E a min doime. Doime que a xente ande polo mundo como andan as vacas e os burros: percurando somentes pesebre”. Tamén engade, na mesma dirección: “Os que non pensan non merecen ser persoas” e “A xente que non fai traballar o miolo deberíase anagar e ir polo monte enriba de catro patas.”
O mesmo exercicio constante da reflexión e da análise da realidade non invalida o da fantasía. Así fronte ó descrédito dos ditados da Igrexa, que coutan a liberdade das persoas sementando temores e fomentando a ignorancia, o neno profesa a relixión animista – panteísta de espírito lúdico, as fogueiras do Solsticio de Verán (cristianizado de San Xoán), as meigas, a herba de namorar, a linguaxe dos animais, a aceptación do corpo e as emocións... nun vitalismo materialista moi galaico que choca con certa hipocrisía. “A xente por dentro debe andar triste ou leda por outras cousas, pero non cando llo manda o almanaque. A troula da mascarada, igoal que a tristura obrigada da coresma, son pra vestir por fóra, penso eu.”


A espontaneidade e a sinceridade desde o coñecemento e a reflexión son un exercicio ético de coherencia e valentía, fronte a regulamentos sociais baseados na falsidade. Mentres que a espontaneidade naif e irreflexiva é un exercicio frívolo baseado en que a ignorancia é moi atrevida, con máis probabilidades de errar que de acertar. O neno labrego de Neira Vilas é un neno que quere saber, un neno capaz de estar por riba das continxencias comúns á vez que se implica nelas. Un neno que coñece o esforzo e a loita. Que asiste á xénese e á morte, de cara, sen eufemismos nin proteccións esterilizadoras. Un neno que se contamina, que funde as mans na terra e aprende dela.


Neste libro conxúgase a máxima sinxeleza, alomenos en aparencia, coa máxima profundidade naquilo que vén sendo a cerna do humano, xunto coa capacidade abraiante de emocionarnos. Arreguízanos o tránsito imparable da idade, que nos leva. Arreguízanos a necesidade imperiosa de saber o que non se pode, ou de saírmos da burbulla do “eu” e rompermos a pel para comungar co “nós”. E o arreguizo está na memoria, e ela feita del.


Entre Balbino e o lector, malia a distancia e as enormes diferenzas que poida haber, prodúcese un entendemento alén das palabras. Quizais porque nas memorias de moitos de nós, incluídas as últimas xeracións ás que pertence quen asina estas liñas, aínda fica o neno labrego, con todo o que iso implica.


Afonso Becerra de Becerreá
Vilar de Ousón, 23 de marzo de 2008.

HOMENAXE A BALBINO, O NENO LABREGO


HOMENAXE A BALBINO, O NENO LABREGO DE NEIRA VILAS
No Verbum (Casa das Palabras) de Vigo
Hoxe, 30 de maio celebrouse unha homenaxe a Balbino, o xa mítico protagonista da novela MEMORIAS DUN NENO LABREGO, de Xosé Neira Vilas. O acto foi organizado polo produtor cinematográfico e filántropo galego ISMAEL GONZÁLEZ, coa complicidade e colaboración do filósofo AVELINO MULEIRO.

Ao VERBUM (Museo das Palabras de Vigo) acudiron XOSÉ NEIRA VILAS e ANISIA MIRANDA. Alí puidemos escoitar os relatorios de Avelino Muleiro, do catedrádito de Filosfía Ramón Regueira, do escritor e membro da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero e, finalmente, as palabras de agradecemento de Neira Vilas. Entre tanto escoitamos ao grupo A QUENLLA, e vimos un documental sobre MEMORIAS DUN NENO LABREGO dirixido por Xan Leira e Ismael González.

Entre as/os asistentes atopábanse, a nosa amiga, a poeta, María do Carme Krukenberg, o presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, a escritora e directora de cine Margarida Ledo Andión...

Con motivo desta festa, Ismael González editou un libro titulado HOMENAXE A NEIRA VILAS E A BALBINO O NENO LABREGO, no que colaboraron 53 escritoras/es. No índice do mesmo figuran dous becerrenses: HELENA VILLAR JANEIRO e AFONSO BECERRA DE BECERREÁ.
A PIPA súmase á homenaxe a BALBINO e ao seu autor Xosé Neira Vilas, quen protagonizara, xunto á súa muller Anisia, a XIV NOITE POÉTICA A PIPA 2006, e da que gardamos un ledo recordo.

sexta-feira, 15 de maio de 2009

17 de MAIO: Día das Letras Galegas
A nosa Asociación Cultural A Pipa de Becerreá quere homenaxear ao intelectual galeguista Ramón Piñeiro, nacido en Láncara, e que ten parte da súa familia en Becerreá. Aos Piñeiro de Becerreá lembrámolos pola empresa de autobuses nos que algunhas e algúns de nós viaxamos. A Ramón Piñeiro lembrámolo polas súas verbas. A continuación reproducimos un fragmento:
"AUTOCONCIENCIA", por RAMÓN PIÑEIRO (1962)
O esforzo das derradeiras xeracións galegas tiña un obxetivo fundamental: recoller a nosa espiritoalidade, esmigallada durante varios séculos de inercia cultural, e darlle cohesión interna, conciencia de si e pulo creador. Só así se podía reconstruír a persoalidade de Galicia como pobo. Era unha empresa esforzada e urxente, porque a nosa conciencia colectiva tiña chegado aos lindeiros da atonía letal, estaba a piques de se deixar caer na escura sima da vida intrahistórica.
Temos que reconocer que, no seu núcleo esencial, este obxetivo ideal foi cobrando realidade crecente. Galicia ten hoxe conciencia do seu propio ser e dos direitos que lle son naturalmente inherentes. A fe das abnegadas minorías que souperon emprender o camiño do rexurdimento chegou a quebrar a códea da inmobilidade, da resignación, da pasividade fatalista e, sobre o corpo esmacelado da vella Galicia, foise configurando pouco a pouco a imaxen dunha Galicia nova. Hoxe sabemos cales foron os males que lle esmigallaron o espírito e cales son os remedios para lle desentangarañar o corpo.
Este primeiro paso cara a autoconciencia, cara o autoconocemento, era fundamental e decisivo. Sin esa conciencia do propio ser, sin ese sentimento colectivo da propia persoalidade e dos seus dereitos naturais, Galicia subsistiría como país mais deixaría de existir como pobo. Comezouse, é certo, por percurar esa persoalidade no pasdo histórico. Era o tributo aobrigado ao ambiente romántico inicial. Desde entón andivemos moito camiño. Hoxe non percuramos no pasdo histórico a fisonomía da nosa persoalidade colectiva. Percurámola direitamente nas súas manifestacións vivas e actuais. De aquel ollecer alimentado nos lagos encantados da evocación histórica pasamos a desenvolver unha creación cultural autóctona afincada nas grandes inquedanzas e nos horizontes do noso tempo.
Nese plano de creación cultural, a presencia de Galicia vaise afirmando de maneira cada vez máis decidida. Galicia manifesta así a realidade orixinal do seu ser xenuíno e a vontade de o desenvolver plenamente. Todo pobo leva en si unha orixinal posibilidade cultural. E todo pobo que desenvolve esa posibilidade ten, mesmo por eso, un posto activo na historia. Está xa camiñando na dirección renovadora.
Ben sabemos que non abonda con eso para desentangarañar o noso corpo social, que é, naturalmente, a máis punxente das nosas arelas. Para acadarémolo será precisa unha teimosa e intensa acción reformadora e anovadora que modifique a estruturación administrativa, económica e cultural do noso país. Pro non se chegará de veras a esta etapa sin antes desenvolver plenamente a anterior. Na mesma medida en que arraíce e se estenda a nosa vida cultural, estenderase e arraizará a nosa conciencia colectiva de pobo con persoalidade de seu e con vontade de a desenvolver.
Nesta conciencia fonda e rexa do propio ser é onde radica verdadeiramente o destino histórico do pobo galego. Sin eso valerían de ben pouco tódalas estruturas institucionais que se lle poidesen ofrecer como solución aos seus problemas.
1962
(en Olladas no futuro, Galaxia, 1974, pp. 166-167)