XXIII
Certame Literario “A PIPA” 2014 da Alta Montaña Luguesa.
Poesía.
Relato. Dramaturxia breve
Bases
A Asociación Cultural A Pipa de Becerreá (CIF. G27441708) en
colaboración coa RGT (Revista Galega de Teatro. ISSN1888-2412)
convoca o XXIII Certame Literario A Pipa 2014 da Alta Montaña Luguesa, nas
modalidades de Poesía, Relato e Dramaturxia breve.
- Temática.
O tema é libre.
2. Modalidades.
2.A.- POESÍA
(máximo 50 versos. Formato documento Word ou Pdf.).
CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos).
CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos).
CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
2.B.- RELATO,
NARRACIÓN OU CONTO breve (máximo 5 páxinas por unha soa cara. Letra Times
New Roman 12. Dobre espazo entre as liñas do texto. Formato documento Word ou
Pdf.).
CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos).
CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos).
CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
2.C.- DRAMATURXIA BREVE (máximo 10 páxinas.
Formato documento Word ou Pdf.). Maiores de 18 anos.
3. Os premios.
Para cadansúa MODALIDADE e categoría establécense 1º e 2º
PREMIOS, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste
nunha estatuíña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de
libros, e a correspondente acta ou título acreditativo.
A Asociación
Cultural A PIPA DE BECERREÁ non descarta que os traballos premiados poidan ser
editados nun futuro.
Na modalidade de DRAMATURXIA BREVE, ademais da estatuíña
de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e a
correspondente acta ou título acreditativo, o premio tamén inclúe a publicación
das pezas galardoadas na RGT (Revista
Galega de Teatro. ISSN 1888-2412)
4. Cerimonia
de Entrega de Premios.
A Entrega de Premios de RELATO terá lugar
o sábado 27 de decembro de 2014 ás 20 h.
na Casa de Cultura de Becerreá, no marco da XXIII NOITE POÉTICA.
A Entrega de Premios de POESÍA e DRAMATURXIA
BREVE terá lugar o domingo 28 de
decembro de 2014 ás 19 h. na Casa de Cultura de Becerreá, coincidindo coa
presentación de TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS (Editorial Laiovento).
(A Asociación
Cultural A Pipa de Becerreá non se compromete a envíar os galardóns ás persoas
premiadas. Os
galardóns deberán ser recollidos polas persoas premiadas, ou por outras nas que
deleguen, durante estas dúas xornadas de entrega sinaladas ou nun prazo máximo
que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste
Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasará a formar
parte dos fondos da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá.)
5. Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un só traballo
inédito por cada MODALIDADE (POESÍA, UN RELATO BREVE, UNHA DRAMATURXIA BREVE)
en LINGUA GALEGA, axustándose á extensión e formato que se indican no apartado
2 destas bases.
5. B.- Os traballos deben ser enviados por correo
electrónico, no que se acheguen dous documentos en formato Word ou Pdf.: Un documento co POEMA, o RELATO ou/e unha
DRAMATURXIA BREVE anónimos. Noutro documento deberán aparecer, xunto ao título
do POEMA, RELATO ou/e DRAMATURXIA BREVE, os datos da/o autor/a (nome e
apelidos, data de nacemento, enderezo postal, teléfono de contacto. Tamén se
pode incluír un breve currículo), indicando, ademais, a(s) MODALIDADE(S) e
CATEGORÍA na que participan.
5. C.- O prazo de admisión de correos
electrónicos rematará o VENRES 19 DE DECEMBRO de 2014 ás 24 h.
5. D.- Os traballos deben enviarse ao enderezo
electrónico: 23certameapipa@gmail.com
6. O Xurado. O Fallo.
Nas MODALIDADES DE POESÍA E RELATO BREVE, o Xurado estará
composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural A PIPA de Becerreá, que
tamén poderá convidar a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e
das Artes.
Na MODALIDADE DE DRAMATURXIA BREVE, o Xurado estará
composto por membros do Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro. ISSN 1888-2412).
A Asociación Cultural A Pipa de Becerreá (CIF. G27441708)
emitirá unha acta coa resolución do Xurado.
O fallo farase
público a través dos medios de comunicación, no blog https://www.apipadebecerrea.blogspot.com,
na páxina de Facebook https://www.facebook.com/apipa.debecerrea, e tamén se
transmitirá persoalmente ás persoas premiadas a través do correo electrónico e
de chamada telefónica.
Nenhum comentário:
Postar um comentário