terça-feira, 30 de dezembro de 2014

ACTA DO XURADO do 23 CERTAME LITERARIO A PIPA 2014 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

23 CERTAME LITERARIO A PIPA 2014 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA.
ACTA DO XURADO.
            En Becerreá, a martes 23 de decembro de 2014. O Xurado do 23 Certame Literario A Pipa 2014 da Alta Montaña Luguesa nas modalidades de POESÍA e RELATO CURTO, composto polo poeta Xesús Bermúdez Tellado, o profesor Rafael Ramos Fernández e o dramaturgo e profesor Afonso Becerra Arrojo, máis o Xurado na modalidade de DRAMATURXIA BREVE composto pola dramaturga e directora escénica Vanesa Martínez Sotelo, o dramaturgo e profesor Xosé Manuel Pazos Varela, o dramaturgo e profesor Afonso Becerra Arrojo e o director da Revista Galega de Teatro Antón Lamapereira, en representación da Xunta Directiva da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá (CIF. G-27441708), proceden a comunicar o resultado das súas deliberacións conforme ás Bases deste 23 Certame Literario A Pipa 2014 da Alta Montaña Luguesa.

Este ano recibíronse 95 traballos procedentes de diversos lugares: Albacete, Ames (A Coruña), Arteixo (A Coruña), Baralla (Lugo), Becerreá (Lugo), Caldas de Reis (Pontevedra), Carballo (A Coruña), Carral (A Coruña), Caurel (Lugo), Compostela (A Coruña), A Coruña, Lalín (Pontevedra), Lugo, Nigrán (Pontevedra), As Nogais (Lugo), Noia (A Coruña), Ordes (A Coruña), Ourense, A Pastoriza (Lugo), Pontevedra, Rábade (Lugo), Redondela (Pontevedra), Ribadeo (Lugo), Ribeira (A Coruña), San Román de Cervantes (Lugo), Santa Comba (A Coruña), Sanxenxo (Pontevedra), Sarria (Lugo), Sober (Lugo), Tomiño (Pontevedra), Triacastela (Lugo), Vigo (Pontevedra) e Vilalba (Lugo).

Logo de facer lectura dos 95 traballos recibidos e conforme ás bases establecidas deste Certame, acorda concede-los seguintes premios:

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos), modalidade de RELATO:

-       2º PREMIO INFANTIL DE RELATO A PIPA 2014, para o texto titulado “UN CAN DIFERENTE, escrito por JOSÉ DAVID FERNÁNDEZ DE BRITO, de San Román de Cervantes (Lugo).

-       1º PREMIO INFANTIL DE RELATO A PIPA 2014, para o texto titulado “SOÑANDO CON ROSALIND”, escrito por ANDREA LÓPEZ CAAVEIRO, de A Pastoriza (Lugo).

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos), modalidade de POESÍA:

-       2º PREMIO INFANTIL DE POESÍA A PIPA 2014, para o texto titulado “GALIZA”, escrito por PABLO LÓPEZ LÓPEZ, de Triacastela (Lugo).

-       1º PREMIO INFANTIL DE POESÍA A PIPA 2014, para o texto titulado “A MIÑA TERRA”, escrito por DIEGO MÉNDEZ GERBOLÉS, de Becerreá (Lugo).

Na Categoría Xuvenil (dos 14 ós 18 anos), modalidade de RELATO:

-       1º PREMIO XUVENIL DE RELATO A PIPA 2014, para o texto titulado “GORKA, escrito por DAVID VILA LEMOS, de Sarria (Lugo).

Na Categoría Xuvenil (dos 14 ós 18 anos), modalidade de POESÍA:

-       1º PREMIO XUVENIL DE POESÍA A PIPA 2014, para o texto titulado “TRÉMULO SUFRIMENTO, escrito por EVA GONZÁLEZ BLANCO, de Lalín (Pontevedra).

Na Categoría Revista A PIPA para Maiores de 18 anos, modalidade de RELATO:

-       2º PREMIO Revista A PIPA 2014 DE RELATO, para o texto titulado: “UNHA CONFESIÓN TEMPERÁN”, escrito por JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ VARELA, de Carballo (A Coruña).

-       1º PREMIO Revista A PIPA 2014 DE RELATO, para o texto titulado: “UN VELLO AMIGO”, escrito por CÉSAR NO CORTIÑAS, de Sarria (Lugo).

Na Categoría Revista A PIPA para Maiores de 18 anos, modalidade de POESÍA:

-       2º PREMIO Revista A PIPA 2014 DE POESÍA, para o texto titulado “ÉGLOGA TRALOS VIDROS”, escrito por JESÚS ALFONSO PARADA JATO, de Meiraos. O Caurel (Lugo).

-       1º PREMIO Revista A PIPA 2014 DE POESÍA, para o texto titulado “CORAZÓN DE LÓSTREGO”, escrito por RAMÓN SANDOVAL PÉREZ, de Barantes. Sober (Lugo).


Na modalidade de DRAMATURXIA BREVE.

-       2º PREMIO A PIPA 2014 DE DRAMATURXIA BREVE, para a peza titulada “A BUXAINA” escrita por SANTIAGO CORTEGOSO CALVAR, de San Clemente de César. Caldas de Reis (Pontevedra).

-       1º PREMIO A PIPA 2014 DE DRAMATURXIA BREVE, para a peza titulada “SILENCIO” escrita por AVELINA PÉREZ, de Vigo (Pontevedra).

-       ACCÉSIT A PIPA 2014 DE DRAMATURXIA BREVE, para a peza titulada “O CEO BAIXO BERLÍN” escrita por ERNESTO SUÁREZ IS, de Vigo (Pontevedra).

-       ACCÉSIT A PIPA 2014 DE DRAMATURXIA BREVE, para a peza titulada “OFELIA” escrita por JULIO FERNÁNDEZ PELÁEZ, de Vigo (Pontevedra).

O Xurado acorda que os galardóns deberán ser recollidos durante o acto de entrega que máis abaixo se sinala, ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá.

Esta 23 Edición do Certame Literario A Pipa 2014 da Alta Montaña Luguesa, conta coa colaboración da Xefatura Provincial de Cultura da Xunta de Galicia, da Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Becerreá.

Os Premios nas modalidades de POESÍA E RELATO CURTO nas categorías INFANTIL e XUVENIL serán entregados na NOITE DA POESÍA polo escritor MANUEL FORCADELA, mailos representantes das institucións colaboradoras, nunha Cerimonia que se celebrará na Casa da Cultura de Becerreá, o  sábado 27 de decembro de 2014, ás 20 horas.

Os premios nas modalidades de DRAMATURXIA BREVE, POESÍA ADULTOS e RELATO CURTO ADULTOS serán entregados na NOITE DO TEATRO, o domingo 28 de decembro de 2014 ás 19 h. na Casa da Cultura de Becerreá, despois do espectáculo “LA VIE EN ROSE” de Lina Pérez e da presentación de TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS (Editorial Laiovento), a cargo da dramaturga Ana Carreira Varela.

Asdo. Afonso Becerra Arrojo.
Presidente do Xurado.

En Becerreá, a 23 de decembro de 2014.








Nenhum comentário:

Postar um comentário