sábado, 14 de junho de 2014

ACTA DE PREMIOS DO 22 CERTAME LITERARIO “A PIPA” 2013 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

22 CERTAME LITERARIO “A PIPA” 2013 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA.
ACTA DO XURADO.
            En Becerreá, a luns 23 de decembro de 2013, reúnese o Xurado do 22 Certame Literario “A PIPA” 2013 da Alta Montaña Luguesa, composto por Marta Rodríguez López, actuando como presidente do Xurado, por decisión unánime do resto dos compoñentes, do que forman parte Amparo Becerra Arrojo e Afonso Becerra Arrojo, en representación da Xunta Directiva da Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá (CIF. G-27441708).
Recibíronse traballos en sobres con indicación xeográfica ou mataselos de Becerreá, San Román de Cervantes, As Nogais, Quiroga, Vilalba, Chantada, Lugo, A Coruña, Arteixo, Santiago de Compostela, Sigüeiro – Oroso, Ferrol, Boiro, Pontevedra, San Xenxo, Cangas, Vigo, Ourense, Barcelona, Madrid, Valencia.
Logo de facer lectura dos 98 traballos recibidos e conforme ás bases establecidas deste Certame, acorda concede-los seguintes premios:

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos) e na modalidade de RELATO:

-       ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 2013, para o texto titulado “Os meus primos e eu”, escrito por Raúl Digón Arias, de Cela – San Román de Cervantes (Lugo).

-       ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 2013, para o texto titulado “A invasión”, escrito por Miguel Osorio Fernández, de Becerreá (Lugo).

-       2º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 2013, para o texto titulado “O raposo e a pita, escrito por Elisa Santiso, de Becerreá (Lugo).

-       1º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 2013, para o texto titulado “Valdavara: a porta cara ao pasado”, escrito por Marcos Montaña, de Becerreá (Lugo).

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos) e na modalidade de POESÍA:

-       ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 2013, para o texto titulado “Primavera calorosa”, escrito por Pablo González, de Becerreá (Lugo).

-       ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 2013, para o texto titulado “Ilusión e fantasía”, escrito por Marina Cristina Gómez Gómez, de Vilaxán - San Román de Cervantes (Lugo).

-       2º PREMIO INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 2013, para o texto titulado “A pomba”, escrito por Pablo de Alonso Mouriz, de San Román de Cervantes (Lugo).

-       1º PREMIO INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 2013, para o texto titulado “A matanza”, escrito por Raúl Rosón López, de Vilar de Mouros – San Román de Cervantes (Lugo).

Na Categoría Xuvenil (dos 14 ós 18 anos):

-       1º PREMIO XUVENIL DE RELATO “A PIPA” 2013, para o texto titulado “O sorriso que voou contigo, escrito por Andrea Fernández Herbón, de Navia de Suarna (Lugo).

Na Categoría Revista “A PIPA” para Maiores de 18 anos, na modalidade de RELATO:

-       2º PREMIO Revista “A PIPA” 2013 DE RELATO, para o texto titulado: “Amigos no alén”, escrito por César Cambeiro Quintela, de A Coruña.

-       1º PREMIO Revista “A PIPA” 2013 DE RELATO, para o texto titulado: “A amiga da morte”, escrito por Xulio Romero Suárez, de Arteixo (A Coruña).

Na Categoría Revista “A PIPA” para Maiores de 18 anos, na modalidade de POESÍA:

-       1º PREMIO Revista “A PIPA” 2013 DE POESÍA, para o texto titulado “Bitches Brew”, escrito por Javier Rodríguez González, de Ourense.

Na modalidade de DRAMATURXIA BREVE.

-       1º PREMIO “A PIPA” 2013 DE DRAMATURXIA BREVE, para a peza titulada “Emoticonas” escrita por Rubén Pérez Pombo, de Lugo.

O Xurado acorda que os galardóns deberán ser recollidos durante o acto de entrega que máis abaixo se sinala, ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Cultural “A Pipa” de Becerreá.
Esta 22 Edición do Certame Literario “A PIPA” 2013 da Alta Montaña Luguesa, conta coa colaboración da Xefatura Provincial de Cultura da Xunta de Galicia, da Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Becerreá.
Os Premios nas modalidades de POESÍA E RELATO serán entregados pola escritora HELENA VILLAR JANEIRO, mailos representantes das institucións colaboradoras, nunha Cerimonia que se celebrará na Casa da Cultura de Becerreá, o venres 27 de decembro de 2013, ás 21 horas. A continuación da cal terá lugar a XXII Noite Poética.
Os premios da modalidade de DRAMATURXIA BREVE serán entregados o sábado 28 de decembro de 2013 na Casa da Cultura de Becerreá, no acto de presentación do libro ROBERTO VIDAL BOLAÑO E O XOGO DO TEATRO (Editorial Laiovento).
Marta Rodríguez López.

Presidente do Xurado. En Becerreá, a 23 de decembro de 2013.

Nenhum comentário:

Postar um comentário