
Bases xerais.
1. Temática.
O tema é libre. Así pois, invitámosvos a que deixedes voar a vosa imaxinación e sensibilidade, que vos abandoedes a calquera estímulo, interno ou externo, e que escribades.
Que a inspiración e a man vos sexan propicias!
2. Tres categorías.
2. A.- CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos)
2. B.- CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos)
2. C.- CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.
3. Dúas modalidades.
3. A.- POESÍA (máximo 50 versos)
3. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breves (máximo 5 folios)
4. Os premios.
Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º Premio de Poesía, e tamén 1º e 2º Premio de Relato, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.
Cada premio consiste nunha escultura de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural “A PIPA” non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.
5. Presentación e Prazo.
5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos, en LINGUA GALEGA.
5. B.- Os traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a CATEGORÍA e MODALIDADE na que participan, e axuntando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número de teléfono do/a autor/a.
5. C.- O prazo de admisión remata o primeiro día de vacacións escolares marcado para o Nadal.
5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos ó seguinte enderezo: Certame Literario “A PIPA”. Rúa Ancares, 57. – 27640 Becerreá (Lugo).
6. O Xurado. O Fallo.
O Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá, que tamén convidará a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.
O Xurado seleccionará os traballos que considere mellores en cada modalidade e categoría. En caso de empate poderá proceder a abrir as plicas e decantarase por aquel traballo cuxo/a autor/a pertenza ao ámbito xeográfico da Alta Montaña Luguesa, no cal se centra este Certame Literario.
O fallo farase público a través dos medios de comunicación, e tamén se transmitirá persoalmente ós/ás gañadores/as.
1. A Cerimonia de Entrega de Premios.
A Cerimonia de Entrega de Premios terá lugar no marco das Noites Poéticas “A PIPA”, que cada ano se celebran polas datas do Nadal, protagonizadas por importantes escritores da nosa literatura.