sábado, 22 de novembro de 2008

CERTAME LITERARIO “A PIPA” DA ALTA MONTAÑA LUGUESA.


Bases xerais.

1. Temática.

O tema é libre. Así pois, invitámosvos a que deixedes voar a vosa imaxinación e sensibilidade, que vos abandoedes a calquera estímulo, interno ou externo, e que escribades.

Que a inspiración e a man vos sexan propicias!


2. Tres categorías.

2. A.- CATEGORÍA INFANTIL (Dos 8 ós 14 anos)

2. B.- CATEGORÍA XUVENIL (Dos 14 ós 18 anos)

2. C.- CATEGORÍA Revista “A PIPA” para maiores de 18 anos.

3. Dúas modalidades.

3. A.- POESÍA (máximo 50 versos)

3. B.- RELATO, NARRACIÓN OU CONTO breves (máximo 5 folios)


4. Os premios.

Para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º Premio de Poesía, e tamén 1º e 2º Premio de Relato, mailos ACCÉSITS que o Xurado considere necesarios.

Cada premio consiste nunha escultura de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros, e o correspondente título acreditativo. A Asociación Cultural “A PIPA” non descarta que os traballos premiados poidan ser editados nun futuro.


5. Presentación e Prazo.

5. A.- Cada participante poderá presentar un ou máis traballos, en LINGUA GALEGA.

5. B.- Os traballos presentaranse anónimos, sinalando neles a CATEGORÍA e MODALIDADE na que participan, e axuntando nun sobre pechado a identidade, o enderezo e o número de teléfono do/a autor/a.

5. C.- O prazo de admisión remata o primeiro día de vacacións escolares marcado para o Nadal.

5. D.- Os traballos poden entregarse, ou envialos ó seguinte enderezo: Certame Literario “A PIPA”. Rúa Ancares, 57. – 27640 Becerreá (Lugo).


6. O Xurado. O Fallo.

O Xurado estará composto pola Xunta Directiva da Asociación Cultural “A PIPA” de Becerreá, que tamén convidará a algún profesional do mundo do Ensino, da Literatura e das Artes.

O Xurado seleccionará os traballos que considere mellores en cada modalidade e categoría. En caso de empate poderá proceder a abrir as plicas e decantarase por aquel traballo cuxo/a autor/a pertenza ao ámbito xeográfico da Alta Montaña Luguesa, no cal se centra este Certame Literario.

O fallo farase público a través dos medios de comunicación, e tamén se transmitirá persoalmente ós/ás gañadores/as.

1. A Cerimonia de Entrega de Premios.

A Cerimonia de Entrega de Premios terá lugar no marco das Noites Poéticas “A PIPA”, que cada ano se celebran polas datas do Nadal, protagonizadas por importantes escritores da nosa literatura.

4 comentários:

  1. A felicitación máis sinceira de toda a comunidade educativa do IES de Becerreá.

    ResponderExcluir
  2. A linguaxe é a conciencia.
    A creación literaria é un estímulo.
    O certame que organizamos, desde Becerreá, para a zona da montaña de Lugo busca cómplices neste xogo.

    ResponderExcluir
  3. fermosa rima, A Pipa os mellores!! ;)

    ResponderExcluir