sexta-feira, 24 de dezembro de 2010

ACTA DO XURADO DO XIX CERTAME LITERARIO A PIPA 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA

19 CERTAME LITERARIO “A PIPA” 10 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA.
ACTA DO XURADO.


En Becerreá, a xoves 23 de decembro de 2010, reúnese o Xurado do 19 Certame Literario “A PIPA” 10 da Alta Montaña Luguesa, composto por Afonso Becerra Arrojo, actuando como presidente do Xurado, por decisión unánime do resto dos compoñentes, do que forman parte Amparo Becerra Arrojo, Marta Rodríguez López e Rafael Ramos, en representación da Xunta Directiva da Asociación Xuvenil Cultural “A PIPA” (CIF. G-27181825). Logo de facer lectura dos 120 traballos recibidos e conforme ás bases establecidas deste 18 Certame, acorda concede-los seguintes premios:

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos) e na modalidade de RELATO:

- ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “O engano de Carmiña”, escrito por Laura García Díaz, de Baralla (Lugo).

- ACCÉSIT INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “Pedro e o oso”, escrito por Adrián Rodríguez Pardo, de Aucella, Cervantes (Lugo).

- 3º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “As historias de Mariña”, escrito por Gael María Núñez Vázquez, de As Nogais (Lugo).

- 2º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “Óscar aprende a importancia das tradicións galegas”, escrito por Celtia García Crespo, de Sigüeiro, Oroso, (A Coruña).

- 1º PREMIO INFANTIL DE RELATO “A PIPA” 10, para o texto titulado “A banda dos cazamisterios”, escrito por Carlos Tacón García, de Pacios (Santa María), Baralla (Lugo).

Na Categoría Infantil (dos 8 ós 14 anos) e na modalidade de POESÍA:

- ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 10, para o texto titulado “O Nadal”, escrito por Pablo López Lolo, de Gundián, Baralla (Lugo).

- ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA “A PIPA” 10, para o texto titulado “O capitán deste navío son”, escrito por Carlos Tacón García, de Pacios (Santa María), Baralla (Lugo).

Na Categoría Xuvenil (dos 14 ós 18 anos) o Xurado deste Certame decidiu deixar desertos os premios.

Na Categoría Revista “A PIPA” para Maiores de 18 anos, na modalidade de RELATO:

- ACCÉSIT Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “No velorio”, escrito por Xulio Romero Suárez, de Arteixo (A Coruña).

- 2º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “O libreiro da rúa Gran Teatro”, escrito por María Xosé Ónega Folgueira, de Gueimonde, A Pastoriza (Lugo).

- 1º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE RELATO, para o texto titulado “A fábrica de iogures”, escrito por Beatriz López Dorado, de Lugo.

Na Categoría Revista “A PIPA” para Maiores de 18 anos, na modalidade de POESÍA:

- 2º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE POESÍA, para o texto titulado “Aceptación”, escrito por Natalia Alonso Ramos, de Foz (Lugo).

- 1º PREMIO Revista “A PIPA” 10 DE POESÍA, para o texto titulado “O que din os silencios”, escrito por Rocío Leira Castro, de Pereira, Cée (A Coruña).

O Xurado acorda que os galardóns deberán ser recollidos durante o acto de entrega que máis abaixo se sinala, ou nun prazo máximo que conclúe na data de presentación dos traballos da edición seguinte deste Certame. De non ser así o agasallo outorgado á persoa premiada pasaría a formar parte dos fondos da Asociación Xuvenil Cultural “A Pipa” de Becerreá.

Os premios desta 19 Edición do Certame Literario “A PIPA” 10 da Alta Montaña Luguesa, no que colabora o Servizo de Xuventude e a Xefatura Provincial de Cultura da Xunta de Galicia, a Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Becerreá, serán entregados pola bailarina e escritora BRANCA NOVONEYRA mailos representantes das institucións colaboradoras, nunha Cerimonia que se celebrará na Casa da Cultura de Becerreá, o domingo 26 de decembro de 2010, ás 19 horas. A continuación da cal terá lugar a XIX Noite Poética na que a autora homenaxeada será entrevistada por Marta de Sinllán e Afonso Becerra. A continuación proxectaranse varias pezas de videodanza de Branca Novoneyra. De seguido haberá un recital da propia autora. Ao final do acto tódolos asistentes están convidados a un cóctel e a un brinde.




Afonso Becerra Arrojo
Presidente do Xurado.
En Becerreá, a 23 de decembro de 2010.