terça-feira, 29 de dezembro de 2015

Acto de Entrega de Premios do XXIV CERTAME LITERARIO A PIPA 2015. Casa da Cultura de Becerreá. 27.12.15

 Premiadas/os no XXIV Certame Literario A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, nas modalidades de Dramaturxia breve, Poesía e Relato.
Presentación: Amparo Becerra, Xesús Bermúdez e Sabela Pérez. Guión: Rafa Ramos.
 Xesús Bermúdez, membro do Xurado do Certame A Pipa e Amparo Becerra, da Xunta Directiva da Asociación Cultural A Pipa de Becerreá, presentan o Acto de Entrega de Premios do XXIV Certame Literario A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa.

 Sabela Pérez, Xurado do XXIV Certame A Pipa e Amparo Becerra.
 Sabela Pérez, Xurado do XXIV Certame A Pipa e Amparo Becerra.
 María Reimóndez, escritora, entrega o 2º PREMIO INFANTIL DE RELATO A PIPA 2015, para o texto titulado “INVISIBLE SEN SABELO”. O Xurado destaca: A orixinalidade do tema e a forma de tratalo. A invisibilidade dunha nena enmeigada. Narrado de xeito ameno e infundindo certa tensión no devir do relatado. A autora é MARÍA CALVAR GIRÁLDEZ, de Cerdedelo, Torroso. Mos (Pontevedra).
 Claudio Vázquez, Concelleiro de Cultura de Becerreá, entrega o 1º PREMIO INFANTIL DE RELATO A PIPA 2015, para o texto titulado “A PRIMEIRA MISA DE MANOLIÑO”. O Xurado destaca: Relato cómico. Ben artellado e secuenciado. Breve e ben estruturado. O autor é CARLOS COMUÑAS LÓPEZ, de Cervantes (Lugo).

 María Reimóndez entrega o ACCÉSIT INFANTIL DE POESÍA A PIPA 2015, para o texto titulado “OS ANCARES”. O Xurado destaca: A preocupación pola terra , en concreto a comarca dos Ancares , e a súa despoboación. Chama a atención a mestura de humor e nostalxia cos que o autor reivindica a súa terra. Dende a ollada infantil técese un poema de amor á terra ancaresa, da realidade e da esperanza para o futuro. O autor é HIGINIO RODRÍGUEZ CEDRÓN, de Cervantes (Lugo).
 Claudio Vázquez entrega o 2º PREMIO INFANTIL DE POESÍA A PIPA 2015, para o texto titulado “CHEGOU A BELEZA”. O Xurado destaca: A incursión dun retrouso musical dálle movemento e lembra a cantiga tradicional. A súa estrutura de panxoliña é moi acertada para o tipo de composición da que se trata. O Apalpador chega co inverno, a neve e o colorido do nadal. A autora é NURIA DEVESA NÚÑEZ, de Lugo. 

Sabela Pérez, Xurado do XXIV Certame A Pipa e Amparo Becerra.

Sabela Pérez, Xurado do XXIV Certame A Pipa e Amparo Becerra.

María Reimóndez entrega o 1º PREMIO INFANTIL DE POESÍA A PIPA 2015, para o texto titulado “O INVERNO”. O Xurado destaca: A brevidade e a acertada selección de cousas cotiás a facer no inverno. No poema apréciase unha estrutura depurada, con frases curtas, empregadas a modo de lóstregos semánticos. En tres estrofas fai unha moi atinada escolma do sentir que provoca a chegada do inverno, e de cómo se identifica dende sempre. A autora é MIRIAM TRABADO NÚÑEZ, de Vilapún, Cervantes (Lugo).
 Claudio Vázquez entrega o ACCÉSIT Revista A Pipa de Relato 2015 para o texto titulado “O PAPORRUBIO DE NADAL”. O Xurado destaca: Unha historia moi ben contada desde a perspectiva dunha nena. A autora é LAURA PARDEIRO ÁLVAREZ, de As Nogais (Lugo).
 María Reimóndez entrega o 2º PREMIO Revista A PIPA 2015 DE RELATO, para o texto titulado: “O POMBAL DE MUIÑOS”. O Xurado destaca: A fábula como alegato de paz e esperanza para os pobos, cunha descrición moi detallista. Unha parábola magnificamente escrita na que os animais analizan e viven as experiencias humanas. É un canto á loita e unha reivindicación contra a escravitude e o asoballamento. Unha chamada á necesidade de se erguer e loitar. O autor é XULIO ROMERO SUÁREZ, de Arteixo (A Coruña).
 Claudio Vázquez entrégalle a Espín o 1º PREMIO Revista A PIPA 2015 DE RELATO, para o texto titulado: “DON CECILIO E DONA PLÁCIDA”. O Xurado destaca: Relato ben estruturado baseado nun tema tradicional como é a emigración, o retorno á aldea, o amor incondicional. Unha historia chea de tenrura magnificamente contada, que engancha desde o primeiro momento. Cecilio e Plácida é unha historia de amor ambientada en Doncos, que reflicte toda unha época: a emigración, a volta ao fogar, a visión antropolóxica…. Moi ben estruturado. Semella unha historia real. O autor é GONZALO LOIZAGA LATORRE, de Doncos. As Nogais (Lugo).
María Reimóndez entrega o ACCÉSIT Revista A Pipa de Poesía 2015 para o texto titulado “TATUAXE NA FERIDA”. O Xurado destaca: A forza poética do poema, que converte cada verso nun berro de desesperación. O autor é JOSÉ RAMÓN SÁNCHEZ VARELA, de Carballo (A Coruña).
 María Reimóndez entrega o 1º PREMIO Revista A PIPA 2015 DE POESÍA, para o texto titulado “AUSENTE”. O Xurado destaca: Reflecte moi intensamente a sensación de baleiro interior por mor da ausencia dun ser querido. A perfecta mestura entre estrutura e temática, que lle confire ao poema elegancia e solemnidade. O autor é ABEL TOMÉ PIÑEIRO, de Cando. Outes (A Coruña).
 María Reimóndez entrega o 2º PREMIO A PIPA 2015 DE DRAMATURXIA BREVE, para a peza titulada “FÍOS”. O Xurado destaca: Crea unha palabra potente dramaticamente e propón unha estrutura de xogo escénico aberta. Malia todo, tece tamén un fío narrativo suxerente. A voz máis potente de entre todos os textos recibidos. O autor é ERNESTO SUÁREZ IS de Xixón (Asturies).
Claudio Vázquez entrega o 1º PREMIO A PIPA 2015 DE DRAMATURXIA BREVE, para a peza titulada “UNHA PALABRA PERDIDA”. O Xurado destaca: O punto de partida da peza denota un amor ás palabras e unha loita ecoloxista por non perder a fala da terra. Sinxelo e nada pretencioso, acada o seu obxectivo na voz dese adolescente que ama o seu ecosistema disposto a construír o mundo a partir do seu mundo. O autor é JONATÁN CABALEIRO, de Ponferrada (León).
 Premiadas/os no XXIV Certame Literario A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, nas modalidades de Dramaturxia breve, Poesía e Relato.
Presentación: Amparo Becerra, Xesús Bermúdez e Sabela Pérez. Guión: Rafa Ramos.
 Premiadas/os no XXIV Certame Literario A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, nas modalidades de Dramaturxia breve, Poesía e Relato.
Presentación: Amparo Becerra, Xesús Bermúdez e Sabela Pérez. Guión: Rafa Ramos.
 Premiadas/os no XXIV Certame Literario A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, nas modalidades de Dramaturxia breve, Poesía e Relato.
Presentación: Amparo Becerra, Xesús Bermúdez e Sabela Pérez. Guión: Rafa Ramos.
Premiadas/os no XXIV Certame Literario A Pipa 2015 da Alta Montaña Luguesa, nas modalidades de Dramaturxia breve, Poesía e Relato.
Presentación: Amparo Becerra, Xesús Bermúdez e Sabela Pérez. Guión: Rafa Ramos.

Nenhum comentário:

Postar um comentário